AGASOL Logo

Arquivo por Novembro 2008

Wireless Galicia desenvolve unha sinxela ferramenta de xestión de produción para Ipasa-Sanbrandán

-O líder do sector panadeiro en Galicia exemplifica que non é excluínte a utilización de solucións baseadas en software libre con aquelas propietarias que requiren o pago dunha licenza Dentro dunhas poucas semanas a vida será máis sinxela para os traballadores de Ipasa-Sanbrandán, a firma líder a nivel galego na elaboración de pan e empanada [...]

A empresa cooperativa Cidadanía realiza con éxito a súa migración a software libre

TEGNIX, unha das empresas que integran a Asociación Galega de Software Libre lidera un cambio sen traumas que supuxo para o cliente non só un aforro económico senón tamén un aumento da súa produtividade «Dábanos moita preguiza cambiar, pero pronto vimos a compensación e o proveito que lle podiamos sacar e non tivemos dúbidas», recorda [...]

Xornada «Software Libre contra a crise» en Ourense

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) ofrecerá o vindeiro martes día 18 de novembro en Ourense a sesión informativa “Software Libre contra a crise” que, en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, forma parte dun itinerario que realiza polas principais capitais galegas para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes [...]

Wireless Galicia, premiada na Noite Galega das Telecomunicacións

Wireless Galicia, empresa integrante de Agasol, ven de ercibir o premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no Sector TIC, patrocinado pola Fundación do mesmo nome. O galardón, que foille entregado na XIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008 celebrada na Toxa é un recoñecemento ao esforzo nos labores [...]

Queres participará no Alfresco Iberia Roadshow

Queres, unha das compañías que integran a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), participará o vindeiro mércores día 12 de novembro no Alfresco Iberia Roadshow que ten lugar por toda España e que chega a A Coruña ao Centro de Negocios BCA28 (Rúa Copérnico, Parcela 28 – Polígono A Grela). Durante catro horas, [...]

As empresas galegas de software libre expoñen o seu modelo de negocio e as vantaxes do código aberto no Club Financiero de Vigo

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre participou o pasado día 29 de outubro  no Foro da Sociedade da Información que organiza o Club Financiero de Vigo en colaboración con Caixanova. Así, Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX, representou á asociación na xornada “Software Libre: oportunidades para as empresas”,  explicou o traballo de Agasol e clarificou [...]

2012 - AGASOL | Feito en Wordpress