Xornada «Software Libre contra a crise» en Ourense
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) ofrecerá o
vindeiro martes día 18 de novembro en Ourense a sesión informativa “Software
Libre contra a crise” que, en colaboración coa Consellería de Innovación e
Industria, forma parte dun itinerario que realiza polas principais capitais galegas
para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías
libres e abertas. A cita, de carácter gratuíto, terá lugar no salón de actos da
Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1) e nela intervirá como
relator Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e
fundador de Tegnix, unha das 24 empresas que se integran en Agasol.
A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non durará máis de dúas horas. Nela está
previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de
finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplíen o seu coñecemento
sobre que é o Software Libre, Linux e os Estándares Abertos. Ademais se inicidirá
nas súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade.
Para iso exemplificarase con implantacións desenvolvidas en empresas,
institucións ou na Administración.
Imprimir







[...] martes, 18 de novembro de 2008, AGASOL (Asociación de Empresas Galegas de Software Libre) ofrecerá na CEO (de confederación de [...]
18-Novembro-2008 ás 10:01