AGASOL Logo

TEGNIX prepara a súa oferta formativa como Centro Oficial Asociado a Linux Professional Institute (LPI)

TEGNIX xa é Centro Oficial Asociado de LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner, unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida internacionalmente como a primeira organización certificadora sobre a que empresas de todo o mundo relacionadas co software libre e o código aberto basean as súas correspondentes certificacións. TECNIX, como Centro Oficial Asociado impartirá cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.

Ademais, TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou as tres á vez, a través dun curso superior, que se celebrará no centro de formación de Vigo ou con aula móbil, entre outras cousas. Primaranse sempre os aspectos técnicos e prácticos para que o alumnado dispoña dunha sólida formación especializada en Administracións de Sistemas GNU/Linux.

Para obter máis información ou realizar unha pre-reserva de praza, poden dirixirse ao seguinte correo: info@tegnix.com

Imprimir Imprimir
2012 - AGASOL | Feito en Wordpress