Pexego, unha das empresas de Agasol, certificouse en CMMI nivel 2
Pexego, empresa ubicada en Lugo, emprendeu en 2009 un proceso para institucionalizar, mellorar e madurar as que deben ser unhas boas prácticas en relación ao desenvolvemento do software, embarcándose nun proxecto de certificación de nivel de capacidade e madurez CMMi (Capability Maturity Model Integration)
En Febreiro de 2011 Pexego superou oficialmente con éxito o proceso de certificación obtendo o certificado CMMi nivel 2.
Este grao de Madurez achega unha referencia na xestión de proxectos de software a fin de mellorar a súa adecuación ás necesidades dos clientes e a mellora nos prazos, custo e calidade do proxecto, que sen dúbida suporá unha mellora evidente nos servizos que se prestan aos clientes.
Imprimir







[...] Pexego vén de obter a certificación CMMI nivel 2 logo de dous anos embarcada nun proceso para institucionalizar, mellorar e madurar as que deben ser unhas boas prácticas en relación ao desenvolvemento do software. Este grao de Madurez achega unha referencia na xestión de proxectos de software a fin de mellorar a súa adecuación ás necesidades dos clientes e a mellora nos prazos, custo e calidade do proxecto, que sen dúbida suporá unha mellora evidente nos servizos que se prestan aos clientes. [...]
24-Marzo-2011 ás 11:47