gvSIG codesprint en Galicia
os vindeiros días 14 e 15 de Xullo vaise celebrar na Coruña un codesprint de gvSIG[1]. A idea deste evento é xuntar a comunidade de desenvolvedores do proxecto nun ambiente informal e traballar todos xuntos, arranxando erros e facendo melloras que se integrarán na seguinte versión.
Está confirmada a participación de «core developers» do proxecto polo que o evento poderá servir tamén para que, aquelas persoas interesadas en acercarse ao mesmo, poidan coñecer de primeira man a xente que está detrás e coñecer como está montada a súa comunidade e de que maneira pode empezar a colaborar.
Para máis información sobre o evento pódese consultar a wiki[2] do mesmo.
[1]: http://www.gvsig.org/
[2]: http://doowikis.com/m/oXmrqoFIM1
Imprimir







[...] O noticieiro Mancomún informa da nova, e a asociación AGASOL tamén. [...]
13-Xullo-2011 ás 03:04