AGASOL Logo

O software libre chega, con Abalar, ao 50% dos colexios galegos de primaria e secundaria no vindeiro curso

  • No curso 2012/2013, 165 novos colexios galegos de primaria e secundaria entrarán a formar parte do proxecto Abalar, que ten por obxecto a completa alfabeticación en TIC da ensinanza galega, e que está desenvolvido en software libre.

A Xunta de Galicia e a Asociación de empresas galegas en software libre chegarán no vindeiro curso ao 50% dos centros de ensino galego co proxecto Abalar. En total, esta iniciativa que pretende a integración total das TIC no día a día do nosos ensino, estará en marcha en 535 centros escolares, 165 dos cales se incorporarán co comezo do novo curso en setembro.

A formación e implicaicón do persoal docente é neste caso tan importante coma a calidade e operatividade das tecnoloxías empregadas no proxecto. No desarrollo de Abalar traballa también Agasol, polo que o uso do software libre é tamén neste caso un referente de aposta por unha nova forma de coñecemento e de interacción coa tecnoloxía por parte dos máis novos.

A idoneidade de iniciar aos escolares nas TIC a través de proxectos como Abalar, sustentados en ferramentas de software libre está a ser un referente internacional. O proxecto foi obxecto de estudo para a súa posible aplicación noutros países, e supón a base para unha nova forma de educación, de coñecemento e de interacción coas TIC no día a día dos escolares.

Imprimir Imprimir
- AGASOL | Feito en Wordpress
Rss Feed Tweeter button Facebook button Linkedin button