AGASOL Logo

Arquivos pola categoría 'Novas'

Quobis Networks, socia de Agasol, gañadora nos premios da revista Red Seguridad polo seu produto de autenticación de chamadas

Quobis foi unha das galardoadas nos premios que concede anualmente a revista Red Seguridad, co premio ao «Mellor produto ou sistema de seguridade TIC». O produto premiado é unha ferramenta chamada IdentityCall, e que Quobis ideou para garantir a identidade dos interlocutores, co que se simplifican os procesos actuais de identificación telefónica e se permite aplicar [...]

A EMPRESA GALEGA TEGNIX FORMA EN SOFTWARE LIBRE AOS TÉCNICOS DO CONCELLO DE ZARAGOZA

Trátase do curso de LPI certificación nivel 1 de administradores profesionais de Linux. Coa certificación LPI acredítase a capacitación dos profesionais das TIC no uso do sistema operativo Linux e as ferramentas asociadas a este sistema. Os técnicos do departamento de Asistencia ao usuario final do Concello de Zaragoza recibirán formación en software libre da [...]

Oferta de cursos de Android do Centro de Referencia de Formación -CRF- de Asolif

O prazo de inscrición, que pode realizarse a través da empresa Tegnix, membro de AGASOL, remata o 18 de febreiro. Ofrécense 50 prazas. As persoas que se inscriban a través de Tegnix beneficiaranse de descontos no prezo dos cursos. O Centro de Referencia de Formación de ASOLIF -a Federación Nacional de Asociacións de Empresas de Software Libre- [...]

Alejandro Escobar (de Aitire) é o novo presidente de Agasol

Agasol renovou a súa directiva nunha asamblea ordinaria celebrada en Santiago de Compostela. O novo presidente, Alejandro Escobar -da empresa Aitire- recolle o testigo de Jorge Vázquez – Redegal- renovando tamén ilusións e achegando novos proxectos para esta nova etapa. Asamblea de relevo na directiva de Agasol que, non obstante, supón unha continuidade na actividade da [...]

Aumenta nun 300% a contratación de software libre en Galicia a través de AGASOL

AGASOL, a Asociación de empresas galegas de software libre triplicou o seu volume de negocio neste último ano. O crecente incremento da demanda de servizos de software libre en Galicia é xa unha tendencia que está a marcar o proceso de evolución das TIC en todos os seus ámbitos.  A Asociación de empresas galegas de [...]

O proxecto Abalar desenvolvido por Agasol, no número 100 da revista Código Cero

A edición impresa de Código Cero chega aos seus 100 números no momento no que tamén cumpre dez anos. Neste número publícase unha reportaxe sobre o proxecto Abalar, desenvolvido pola Consellería de Educación e no que tamén colabora Agasol. Cando se chega ao número cen da edición impresa da publicación Código Cero, Tegnix, unha das [...]

A xustiza da UE contra o copyright na linguaxe de programación.

O dictame di que os dereitos de autor non protexen as funcionalidades dun programa informático. O software de código aberto está a piques de acadar unha importante vitoria legal. A xustiza comunitaria vén de advertir que non se poden protexer coa lexislación de dereitos de autor as funcións dun programa informático. O dictame, asinado por [...]

Dez anos de Igalia, creando software libre para todo o mundo

A compañía galega, membro fundador de AGASOL, chega aos seus dez anos de vida cunha traxectoria en crecente proxección do software libre galego en todo o mundo. O proxecto que comezou no ano 2001 da man dun grupo de estudantes de enxeñería informática da Universidade da Coruña, interesados no software libre e nas súas posibles [...]

Zaragoza convértese estes días na referencia mundial para o software libre coa celebración da «Libre Software World Conference 2011″

Un dos máis importantes eventos de promoción do software libre a nivel profesional e empresarial, a LSWC celébrase o mércores 9 e o xoves 10 en Zaragoza. Roberto Brenlla, de Tegnix - membro de AGASOL-, presentará o mércores o Centro de Referencia de Formación en Software Libre (CRF SwL) o mércores ás 12h. Máis de oitenta [...]

As empresas de software galego en situación crítica e á expectativa pola falta de resolución das axudas “empresa dixital”

A Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) anunciara o pasado 19 de abril a creación dunha liña de axudas destinadas a fomentar proxectos de carácter tecnolóxico abordados desde a cooperación empresarial, cunha contía total de 2.9 millóns de euros. Esta liña permitiría que todas as empresas galegas, independentemente do seu ámbito de actividade, [...]

2012 - AGASOL | Feito en Wordpress