AGASOL Logo
Presentacion

Agasol e a Xunta fomentarán o software libre entre as pemes, micropemes e autónomos galegos

A Asociación Galega de Empresas de Software Libre (AGASOL) vén de recibir da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Xunta de Galicia unha achega de 30.000 euros para realizar actuacións orientadas a promover un maior uso do software libre e de fontes abertas (floss) entre as pemes, micropemes e autónomos galegos.

Ambas as dúas partes subscribiron un convenio de colaboración  a través do cal AGASOL desenvolverá tres liñas de actuación para a promoción do software libre na contorna empresarial galega creando un catálogo de servizos integrais para as pemes, organizando xornadas de promoción do Floss e traducindo ao galego o aplicativo de comercio electrónico Magento.

Un dos obxectivos do acordo recolle a creación por parte de Agasol dun catálogo de servizos integrais para as pemes co obxectivo de que as pequenas e medianas empresas galegas poidan coñecer, dun xeito gráfico e visual, as diferentes ferramentas TIC baseadas en software libre que existen e que poden axudar a facilitar os seus procedementos de xestión, funcionamento e difusión da súa actividade. Ademais, AGASOL será a encargada de organizar unhas xornadas de promoción do software libre para pemes nas que se informará sobre aqueles productos e casos de éxito na utilización do floss en pequenas e medianas empresas que contribuíron á mellora da productividade a través da utilización desta tecnoloxía. A terceira liña de actuación basease na traducción ao galego do aplicativo de comercio electrónico Magento, unha ferramenta floss que proporciona un aspecto gráfico actual e vistoso ademais dunha xestión e mantemento sinxelo para aquelas empresas que queiran levar a internet o seu catálogo comercial. O comercio electrónico supón, a día de hoxe, unha oportunidade para as empresas na comercialización dos seus productos, polo que permite superar as barreiras horarias e as limitacións especiais nos procesos de compra.

Este convenio enmárcase no Plan Operativo 2010 en materia de Software Libre e de Fontes Abertas, dotado con 800.000 euros, e que a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica presentou o pasado mes de abril ás asociacións de usuarios e empresas de software libre galegas.

Curso de habilidades directivas

“La emoción de dirigir con emoción”

Curso de 30 horas destinado a directivos o mandos intermedios de Agasol interesados en mejorar sus habilidades directivas.
En el se tratarán contenidos como:

  • Comunicación: cómo lograr que me atiendan y me entiendan.
  • Conocernos para mejorar.
  • Gestión del tiempo.
  • Fidelización: cómo lograr ser referencia para mis clientes.
  • Claves estratégicas para un buen liderazgo.

La lista de ponentes se compone de:

  • D. Juan José Molinos Casal

Licenciado en Derecho por la Universidad de Deusto. Executive MBA por el Instituto de Empresa. Secretario General de la Confederación Empresarial de Ourense, profesor asociado del Departamento de Organización de Empresas y Marketing de la Universidad de Vigo, donde imparte materias como “Dirección estratégica y política de la empresa” o “Técnicas de comunicación y liderazgo”. Colaborador en distintos Master de la Universidad de Vigo.

  • Doña. Susana Gómez Carnero

Doctora en Ingeniería Informática por la Universidad de Vigo. Responsable del Dpto. de Sistemas de Información e Innovación de la Confederación Empresarial de Ourense, profesora asociada del Departamento de Informática de la Universidad de Vigo. Colaboradora en las materias de “Habilidades directivas” del Máster Oficial de Creación, Dirección e Innovación en la empresa y Máster Oficial de Consultoría en Software.

  • D. Enrique Salas Rincón

Licenciado en Ciencias Empresariales y Diplomado en Derecho Tributario Internacional, Master en Finanzas, en Professional Program Management (Stevens Institute of Technologies) y en Contract Management (George Washington University). Socio Consejero Delegado de Otto Walter Consulting. Coach de altos directivos en empresas nacionales (Ibex35) y multinacionales, profesor en importantes escuelas de negocios (IE, EOI) y asiduo conferenciante.

  • D. Eugenio Palomero de Páramo

Licenciado en Derecho por la Universidad de Valladolid, Máster en Business Administration por ESADE. Doctor en Ciencias Económicas por la Universidad Autónoma de Madrid.Actualmente es Profesor Honorario del Instituto Universitario de Administración de Empresas y del Centro de Estudios de Banca y Bolsa, ambas de la Universidad Autónoma de Madrid. Asimismo, es profesor en programas MBA y EMBA en el Instituto de Empresa y Deusto Business School.

Las fechas:

  • 7-8 de mayo de 2010
  • 21-22 de mayo de 2010
  • 28-29 de mayo de 2010

Los horarios:

  • viernes de 16:00-21:00 sábados de 09:00-14:00

Lugar:

  • CENTRO SOCIAL CAIXANOVA, POLICARPO SANZ 24-26 VIGO

Organiza:

Colaboran:

Inscríbete a curso para certificación LPIC-1

Aberta a inscrición ao Curso Preparatorio para

“Certificación Profesional Junior en GNU/Linux”

TEGNIX organiza o curso preparatorio para a Certificación Profesional Junior en GNU/Linux LPI (nivel 1) para superar os exames 101 e 102 cos que se acada a certificación oficial. O curso dará comezo a segunda semana de abril e a matrícula pode realizarse en http://formacion.tegnix.com
Prepárate para obter a certificación máis prestixiosa do mundo en Administración de Sistemas GNU/Linux.LPIC 1 logo
Máis información:

AGASOL vs Política (nota de prensa)

AGASOL reafírmase no seu total compromiso co Software Libre pois é unha asociación conformada por empresas especializadas nestas tecnoloxías que xera riqueza e traballo de alta cualificación en Galicia.

As empresas e persoas que conforman AGASOL estivemos, estamos e sempre estaremos implicadas coa comunidade de Software Libre colaborando activamente en asociacións sen fins de lucro de todo tipo (grupos de usuarios, tradución, desenvolvemento, organizadoras de eventos, cursos, difusión…), aportando horas de traballo, experiencia e recursos.

AGASOL cre firmemente que o Software Libre é independente de calquera tendencia política pois é un beneficio para a sociedade xeral. AGASOL agradece sinceramente todas as iniciativas xurdidas no pasado e sempre estará aberta á colaboración para que o Software Libre se consolide na comunidade galega.

Sector galego das TIC reunido coa SXMIT

Agasol LogoOnte (martes 12 de xaneiro de 2010) a SXMIT (Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica) reuníu na Xunta a todo o sector empresarial TIC galego representado por INEO, AGESTIC, EGANET, AETIC, ASIMELEC e AGASOL.

Un resumo do alí acontecido e mailas opinións das respectivas asociacións está dispoñible nesta ligazón.

En materia de Software Libre hai previstas múltiples actuacións ata 2013. As súas liñas mestres están dispoñibles neste PDF.

AGASOL aportou inicialmente as seguintes ideas, preocupacións e suxestións:

  • AGASOL considera que é imprescindible pór énfase na defensa das MicroPEMES TIC porque semella que a contratación pública vai encarada excesivamente a grandes proxectos.
  • Solicitamos un estudo comparativo dos retornos económicos que se obteñen dos concursos públicos cando estos son gañados por empresas locais e SwL fronte a outras modalidades como as empresas ‘delegadas’ de multinacionais.
  • Internacionalización da oferta TIC. Aproveitar a Galicia emigrante non só en Europa ou Hispanoamérica senón tamén abrindo lazos coa Lusofonía.
  • Discrepamos coa afirmación “o SwL só é sw, o usuario terá que elixir” para pór en claro que “o SwL, si, é sw pero tamén é vantaxe competitiva, é solución tecnolóxica… e tamén é un ben común. Non só se di
    isto por dogmatismo senón tamén por pragmatismo: o crowdsourcing, a
    compartición de código, transparencia e independencia para a clientela… son feitos
    “.
  • Preguntamos se os 14.000 portátiles que virán a Galicia desde a iniciativa do Mº de Educación dentro do proxecto Escola-2.0 irán exclusivamente con SwL ou con arranque dual. Encamíñannos á Consellería de Educación que será quen o determine en última instancia.
  • Unha vez máis tivemos que aclarar sobre o termo “Sw Propietario”, un clásico erro que leva a pensar que o SwL é dominio público ou que non ten propietarios. Evidentemente, o SwL ten propiedade e, a través da potestade que lle confire o Dereito de Autor, decide dar liberdades aos usuarios.

Feitas estas aclaracións, AGASOL uníuse ao resto do sector TIC alí representado ao agradecer a convocatoria e maila implicación da SXMIT coas inquedanzas de cada unha das asociacións.

TEGNIX prepara a súa oferta formativa como Centro Oficial Asociado a Linux Professional Institute (LPI)

TEGNIX xa é Centro Oficial Asociado de LPI ATP, acrónimo de Linux Professional Institute Approved Training Partner, unha organización sen ánimo de lucro, recoñecida internacionalmente como a primeira organización certificadora sobre a que empresas de todo o mundo relacionadas co software libre e o código aberto basean as súas correspondentes certificacións. TECNIX, como Centro Oficial Asociado impartirá cada un dos niveis formativos da LPI para que o alumnado poida acadar as súas diferentes certificacións profesionais.

Ademais, TEGNIX está a preparar esta oferta formativa tanto presencial en grupos reducidos como a distancia, con certificacións individuais ou as tres á vez, a través dun curso superior, que se celebrará no centro de formación de Vigo ou con aula móbil, entre outras cousas. Primaranse sempre os aspectos técnicos e prácticos para que o alumnado dispoña dunha sólida formación especializada en Administracións de Sistemas GNU/Linux.

Para obter máis información ou realizar unha pre-reserva de praza, poden dirixirse ao seguinte correo: info@tegnix.com

Igalia y la Universidad Rey Juan Carlos promueven el III Máster en Software Libre

La empresa gallega del sector TIC, Igalia, y la Universidad Rey Juan Carlos promueven la tercera edición del Máster en Software Libre, que se impartirá a partir del mes de octubre en A Coruña, convencidas de las oportunidades que representa el código abierto para el propio sector de las Tecnologías de la Información y la Comunicación, así como de las ventajas para las empresas y entidades usuarias, a las que permite aumentar su productividad y reducir costes.

El Máster, orientado a recién titulados y profesionales TIC, proporciona la capacidad y los conocimientos para gestionar, analizar y colaborar en proyectos internacionales de software libre. El enfoque metodológico es eminentemente práctico y fomenta la asistencia a congresos internacionales, el trabajo en grupo y la oportunidad de acudir a clases magistrales con los principales gurús internacionales de la comunidad del software libre.

Los organizadores del máster destacan la calidad docente, la internacionalización y la metodología como las claves del éxito ya cosechado en las dos ediciones anteriores. Su coordinador, José María Casanova, indica que “los estudiantes están desde el primer día jugando con la tecnología, pues durante las clases tratamos de fomentar su independencia, que aprendan a buscar soluciones. Además, con la asistencia a congresos y charlas magistrales tienen la oportunidad de conocer a las personas más relevantes del mundo del software libre”.

Una elevada demanda de profesionales
La tercera edición del Máster en Software Libre se plantea como una herramienta que pretende suplir la elevada demanda de profesionales especializados en software libre dentro del sector TIC. En ese sentido su coordinador mantiene que “el software libre es un entorno de trabajo con más demanda de personal cualificado que oferta disponible. En este momento, el 100% de los estudiantes de la primera edición están trabajando en temas relacionados con los contenidos del Máster. Por otro lado, están en proceso de creación dos empresas de servicios y una asociación relacionadas con el software libre”.

El programa docente del Máster se desarrollará en sesiones de viernes tarde y sábados por la mañana. La inscripción está abierta hasta el 18 de Septiembre a través de la página web del mismo: http://www.mastersoftwarelibre.com

Contacto: José María Casanova
Coordinador del Máster en Software Libre
jmcasanova@igalia.com
T: +34 981 913 991

Oferta formativa en software libre do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), encadrado na estrutura orgánica da Dirección Xeral de Formación e Colocación da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, vén de anunciar a súa oferta formativa para o período outubro 2009 a xuño 2010.

Trátase de cursos intensivos gratuitos e orientados cara ao mercado laboral.

Nesa oferta hai as seguintes actividades formativas sobre software libre:

Administración avanzada de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 2) (Santiago). 64 hs, obtense certificación, data 26/10/2009, imparte IBM

Administración de sistemas operativos Linux (certificación LPIC 1) (Santiago). 80hs,  obtense certificación, data 27/10/2009, imparte IBM

Goberno corporativo das TIC. Fundamentos de Cobit e implantación de IT governance(Santiago).  21hs, sen certificación, data 06/11/2009

Fundamentos de ITIL (Vigo). 20hs, obtense certificación, data 06/11/2009, ITIL

Fundamentos de ITIL (A Coruña). 20hs, obtense certificación, data 20/11/2009 ITIL

Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE(Santiago).  64hs, obtense certificación, data 25/01/2010, Red Hat

Administración de S.O. Red Hat Linux – Nivel Certified Engineer. Certificación RHCT RHCE(Santiago).  80hs, obtense certificación, data 26/01/2010, Red Hat

Dirección de proxectos informáticos (Certificación CAPM) (Vigo). 36hs, obtense certificación, data 29/01/2010, PMI

Administración de bases de datos MySQL (Santiago). 48hs, obtense certificación, data 01/03/2010, MySQL

Desenvolvemento de aplicacións WEB con PHP e MySQL sobre Apache (Santiago). 80hs, obtense certificación, data 06/04/2010, MySQL

Implementación de VoIP con Asterisk (Santiago). 36hs, sen certificación, data 03/05/2010, ASTERISK

Descargar programa en PDF

Agasol renova a súa xunta directiva

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre vén de renovar a súa xunta directiva elexida durante a celebración da Asamblea Xeral que tivo lugar o pasado 20 de xullo en Santiago de Compostela.

A presidencia do órgano de goberno recaeu en Roberto de Brenlla, de Tegnix; a vicepresidencia en Jorge Vázquez, de Redegal; como secretario continúa José Ramón Pena, de Inforede; e como tesoureiro Xaime Garaboa, de Signo. Os catro vocais son David Pardo, de Corunet; José Manuel Monteagudo, de Bora Telecom; Óscar González, de Represas de ITG; e Marcos Pita, de Egalcom.

A Asamblea Xeral tamén acordou a creación de novos grupos de traballo, así como a mellora dos actuais estatutos. Durante a reunión tamén houbo ocasión para expor os trazos principais do Plan Estratéxico 2009-2010.

O traballo do novo equipo xa se concretou nunha reunión do presidente de Agasol, Roberto Brenlla, e o xerente da entidade, Luís Fernández, co presidente de ASOLIF, Daniel Armendáriz, o pasado 22 de xullo.

Nova xunta directiva

Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix

Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal
Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede
Tesoureiro:Xaime Garaboa Fernández de Signo
Vocal: David Pardo de Corunet
Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom
Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG
Vocal: Marcos Pita de Egalcom

Opinión das Asociacións de Software Libre Federadas (ASOLIF) sobre o canon dixital

Os autores e empresas de software libre publican o seu traballo baixo licenzas libres para que poida ser copiado e distribuido. De feito, fomentamos esa copia e distribución co fin de que un número maior de usuarios e empresas utilicen o noso traballo, o modifiquen, o comercialicen ou presten servizos baseados neles libremente. Para que todos sen excepción teñan acceso á nosa obra, é necesaria a universalización do acceso ás tecnoloxías da información, así como a soportes dixitais que permitan esa copia e distribución.

A federación empresarial ASOLIF (Asociacións de Software Libre Federadas) realiza as seguintes consideracións a respecto do canon dixital:

O gravame dos soportes dixitais vai en contra do espírito dos autores e empresas que desenvolven software libre, que se expresa xurídicamente nas licenzas que asignan á súa obra (licenzas libres).

O sector que representa ASOLIF, pese a ser autor de obras intelectuais, non teñen relación cos beneficiarios do canon dixital ni coas sociedades privadas que os xestionan.

A nosa actividade e a dos nosos clientes beneficia económicamente a estas sociedades no noso detrimento.

Un canon indiscriminado, como é o actual canon dixital, ten maior impacto en autónomos e PEMES, que son os principais actores do noso tecido empresarial.

A carga impositiva (IVA/IGIC) derivada do canon dixital aumenta os custes dos nosos produtos, reducindo a nosa competitividade. Esta perda reflíctese con total crueza á hora de comercializalos no mercado exterior.

O canon dixital implica que o crecemento do noso sector beneficia ás sociedades privadas de xestión de dereitos de autor, alleas ao software libre, na contra dos nosos intereses e os dos nosos clientes, o que constitúe unha perversión.

ASOLIF conclúe que as políticas de fomento do software libre son incompatibles coa defensa e o sustento do canon dixital nos termos actuais. Suxerimos por tanto a súa supresión inmediata.

2010 - AGASOL | Feito en Wordpress