20 Dec 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
A sede viguesa da Confederación de Empresarios de Pontevedra acolleu o pasado día 17 de decembro a cuarta das xornadas divulgativas que baixo o título “Software Libre contra a crise” organiza a Asociación de Empresas Galega de Software Libre en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria. A sesión atraeu a máis de corenta persoas, na súa meirande parte directivos e responsables TIC de empresas interesadas en ampliar información sobre as vantaxes que poden acadar co uso de tecnoloxías abertas.
Por parte de Agasol falou Roberto Brenlla, fundador de TEGNIX, unha das empresas que compoñen a asociación. Xunto a él tamén tomaron a palabra e respostaron ás dúbidas dos presentes Antonio Pérez Casas, asesor do conselleiro de Innovación e Industria e José Ramón Pais, vicepresidente da Fundación Innovapyme Galicia.
Ao día seguinte Roberto Brenlla acudiu tamén en representación de Agasol ao Centro de Formación Profesional Caixanova de Ourense para facer tamén unha sesión divulgativa co obxectivo de alentar aos estudantes do centro a traballar no eido do software libre. Neste sentido fixo espcial fincapé na alta demanda de profesionais especializados por parte das empresas do sector e das dificultades que éstas teñen para acadar mán de obra cualificada. Máis de cincuenta estudantes asistiron á xornada.
19 Dec 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre conta xa con 25 asociados apenas un ano despois da súa creación. Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e Imatia son as dúas últimas incorporacións.
O Instituto Tecnolóxico de Galicia é unha fundación de carácter privado que ten como misión mellorar a capacidade competitiva das organizacións, empresas e profesionaisde Galicia. O seu traballo está avalado por un padroado do que forman parte a Xunta, as tres universidades galegas, a Confederación de Empresarios de Galicia e os colexios oficiais de arquitectos e enxeñeiros. ITG contribúe á mellora da competitividade e desenvolvemento tecnolóxico en especial das pemes galegas mediante a promoción e execución de proxectos de I+D+i, pero ademais converteuse nun provedor integral de software en código aberto.
Imatia é unha empresa de I+D especializada na creación de tecnoloxías para o desenvolvemento rápido de software. Ofrece servizos como fabricante de software, integrador e consultor e ofrece soluciones TIC adaptadas. Spin-off do grupo de investigación de Deseño e Automatización de Sistemas Avanzados da Universidade de Vigo, Imatia conta cun persoal de máis de trinta enxeñeiros.
15 Nov 2008 | Por: comunicacion | 1 Comentario
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) ofrecerá o
vindeiro martes día 18 de novembro en Ourense a sesión informativa “Software
Libre contra a crise” que, en colaboración coa Consellería de Innovación e
Industria, forma parte dun itinerario que realiza polas principais capitais galegas
para dar a coñecer ao sector empresarial as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías
libres e abertas. A cita, de carácter gratuíto, terá lugar no salón de actos da
Confederación Empresarial de Ourense (Praza das Damas, 1) e nela intervirá como
relator Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e
fundador de Tegnix, unha das 24 empresas que se integran en Agasol.
A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non durará máis de dúas horas. Nela está
previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de
finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplíen o seu coñecemento
sobre que é o Software Libre, Linux e os Estándares Abertos. Ademais se inicidirá
nas súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidade.
Para iso exemplificarase con implantacións desenvolvidas en empresas,
institucións ou na Administración.
14 Nov 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
Wireless Galicia, empresa integrante de Agasol, ven de ercibir o premio Ingeniero Gerardo García Campos á Mellor Iniciativa Empresarial no Sector TIC, patrocinado pola Fundación do mesmo nome. O galardón, que foille entregado na XIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información 2008 celebrada na Toxa é un recoñecemento ao esforzo nos labores de I+D no campo das TIC aplicadas a proxectos de interese sociosanitario así como á traxectoria e proxección da empresa. A iniciativa premiada propón a aplicación das tecnoloxías móbiles e accesibles ao sector sociosanitario de tal xeito que contribue ao desenvolvemento da rede de saúde de Galicia, e facilita o seguimento desde o domicilio de determinados parámetros médicos (peso, nivel de actividade física, etc) a enfermos con patoloxías crónicas
10 Nov 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
Queres, unha das compañías que integran a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), participará o vindeiro mércores día 12 de novembro no Alfresco Iberia Roadshow que ten lugar por toda España e que chega a A Coruña ao Centro de Negocios BCA28 (Rúa Copérnico, Parcela 28 - Polígono A Grela).
Durante catro horas, de dez dá mañá a dúas dá tarde, están previstas diversas presentacións comerciais, técnicas, de casos de exito e novidades Alfresco por parte de empresas, socios, clientes e colaboradores que traballan coa ferramenta open source de xestión documental.
Do mesmo xeito falarase sobre as vantaxes de Alfresco 3.0 e convidarase aos asistentes a participar nunha mesa redonda na que se discutirá sobre a xestión documental na actualidade.
A inscripción para o evento pode facerse na propia web de Alfresco
01 Nov 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre participou o pasado día 29 de outubro no Foro da Sociedade da Información que organiza o Club Financiero de Vigo en colaboración con Caixanova. Así, Roberto Brenlla, CKO de TEGNIX, representou á asociación na xornada “Software Libre: oportunidades para as empresas”, explicou o traballo de Agasol e clarificou os conceptos das licenzas, e modelos de negocio desmitificando os prexuízos que hai en contra do Software Libre. Por outra banda, expuso a iniciativa de Mancomún coma exemplo europeo de apoio dende a Xunta de Galicia ás empresas TIC coas liñas de axuda e cumprindo coas premisas de traballo que hai no PEGSI.
Na mesma xornada Manuel Valardo de Cenatic espuxo as accións que están a desenvolver dende o seu organismo coma a difusión do FLOSS a nivel do estado español ademáis de recopilar casos de éxito no emprego de Software Libre ou a creación dun directorio de empresas que poidan ofrecer soporte aos seus clientes. Entre os seus obxetivos están o de fortalecer ás empresas TIC para que poidan aumentar o número de servizos cara ás Administracións Públicas para que adopten o Software Libre nos seus sistemas.
Pola tarde tivo lugar nas mesmas instalacións do Club Financiero de Vigo una sesión orientada al sector específico de las TIC para exponer el modelo de negocio de muchas empresas gallegas que aprovechan el software libre para ofrecer servicios. Nesta sesión participaron representantes de empresas pertencentes a Agasol como Allenta. O seu director, Roberto Moreda, explicou as actividades que realizan na súa empresa, case exclusivamente de administración de sistemas informáticos cunha compoñente moi importante de Software Libre e sistemas GNU/Linux. Ademáis fixo énfase na confianza que teñen os seus clientes no seu departamento técnico como xeito de ter unha relación empresarial exitosa.
Igalia, representada por Javier Vázquez, explicou a súa filosofía de traballo apoiándose na “felicidade” dos seus programadores, facilitando a flexibilidade de horarios e repartindo a mesma responsabilidade e mesmo salario entre eles. As súas liñas de negocio se centran en adaptacións de LAMP empregando Typo3 e desenvolvementos na plataforma de Gnome, entre outros, traballando en proxectos coma Maemo de Nokia.
Por outra banda tamén participaron Carlos Suárez, da empresa Edisa, que suliñou o cambio que están a facer na súa empresa ao introducir liñas de negocio segundo modelos baseados en Software Libre para os seus novos productos GIE (ERP de fácil emprego) ou 3S (adicado ao terceiro sector) e que esperan afrontar con éxito. E Velneo, que contou coa presenza de Nicolás Osuna, explicou a súa estratexia de mercado para a nova versión do RAD (Rapid Application Development) deixando que os programas feitos con él sexan libres ainda que o framework non.
27 Out 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
Pexego, unha das empresas que forman parte de Agasol, intervirá o próximo día 4 de novembro no “Foro da Innovación” organizado pola Cámara de Comercio de Lugo. Trátase dunha sesión matinal (de 9,30 a 14 horas) que mostrará casos de éxito de empresas lucenses que se decantaron pola innovación como estratexia para crecer e mellorar a súa competitividade. Pexego, xunto a Lareira Eurococinas e Proxecto granxafamiliar.com, é unha das seleccionadas para expor a súa experiencia nunha xornada que se completará cunha “Feira da Innovación” na que exporán a súa oferta diversas plataformas e centros tecnolóxicos galegos
27 Out 2008 | Por: comunicacion | Sen comentarios
A Asociación de Empresas Galega de Software Libre (Agasol) estará presente o vindeiro mércores día 29 de outubro no Foro da Sociedade da Información que organiza nas súas instalacións o Club Financiero de Vigo en colaboración con Caixanova. Así, Roberto Brenlla, fundador de TEGNIX representará á asociación na xornada “Software Libre: Oportunidades para as empresas”, que terá lugar a partir das dez e media da mañá. Nela demostrará a viabilidade do software libre e animará ás pemes a empregalo en base a motivacións ecoómicas e de adaptabilidad. Xunto a él Manuel Velardo, responsable de proyectos y servicios do Cenatic, explicará as vantaxas competitivas do software libre en canto a aforro de custes e adaptabilidade.
Pola tarde, a partir das cinco, representantes de dúas das empresas que conforman Agasol participarán como relatores na xornada “Software Libre como negocio: Oportunidades para as empresas” no que se exporá o modelo de negocio das compañías galegas do sector. Roberto Moreda, director de Allenta Consulting e Javier Vázquez, presidente da Asociación Galega de Empresas de Software Libre e un dos fundadores de Igalia son os dous participantes vinculados a Agasol. Tamén intervirán Carlos Suárez, director-xerente de Edisa Galicia Información, e Nicolás Osuna, responable de mercadotecnia de Velneo.
15 Out 2008 | Por: comunicacion | 2 Comentarios
Máis de corenta persoas asistiron na Cámara de Comercio da Coruña á xornada “Software Libre contra a crise” organizada pola Asociación de Empresas Galega de Software Libre en colaboración coa Consellería de Innovación e Industria, que estivo representada por Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade dá Informacion, que deixou claro o apoio da Administración a este tipo de actos divulgativos. “As contornas abertas son moi eficientes e propician a resolución de problemas. O software libre proporciona ás empresas un coñecemento profundo dos procesos dunha empresa e como resolvelos”, asegurou Veiguela, que recordou ademais que “o 90% do software instalado nos servidores de Internet é libre”.
A sesión estivo conducida por Roberto Brenlla, fundador de TEGNIX, unha das empresas que compoñen Agasol. Brenlla desmentiu tópicos respecto de que o software libre non serve para uso empresarial e abundou nas vantaxes da súa elección ante un auditorio conformado por técnicos, pero tamén por profanos na materia que lle demandaron información sobre as opcións para implantar ou migrar a estándares abertos e aos que suxeriu investir máis en servizos e menos en licenzas. “O software libre é independencia, control, estandarización e adaptabilidad porque é a tecnoloxía a que se amolda á empresa ou o usuario e non ao reves”, concluíu.
Tamén interviñeron na xornada Gonzalo Ortiz, director xeral da Cámara de Comercio da Coruña, que resaltou que “o software libre emprégase cada vez máis por parte de institucións e administracións” e Javier Vázquez, presidente de Agasol, que glosou a actividade deste colectivo empresarial que agrupa a 24 compañías galegas do sector TIC e xera 150 empregos directos. “Queremos ser un partner tecnolóxico para as pemes galegas, un interlocutor de negocio entre elas e os provedores de software libre”, explicou.
05 Out 2008 | Por: comunicacion | 2 Comentarios
A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) da inicio o vindeiro martes día 14 de outubro na Coruña, coa xornada “Software Libre contra a crise”, un ciclo de sesións informativas destinadas a dar a coñecer ás empresas galegas as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías libres e abertas. Esta primeira cita terá lugar no salón de actos da Cámara de Comercio da Coruña (Rúa Alameda, 30, 1º) e nela intervirá como relator Roberto Brenlla, economista especializado en Tecnoloxías da información e fundador de Tegnix, unha das 24 empresas que se integran en Agasol.A sesión dará comezo ás 19,30 horas e non estenderá máis de dúas horas. Nela está previsto desenvolver un programa dirixido a que xerentes, responsables de finanzas, estratexia ou tecnoloxías da información amplien o seu coñecemento sobre que é o Software Libre, Linux, os Estándares Abertos e as súas vantaxes competitivas en canto a aforro de custos ou adaptabilidad. Ademais se exemplificará con implantacións desenvolvidas en empresas, institucións ou mesmo na Administración.Os asistentes, que poderán inscribirse de maneira gratuíta no teléfono 981 21 60 72, recibirán o DVD “Ferramentas informáticas para a PEME”, elaborado pola Consellería de Innovación e Industria, que inclúe un amplo recompilatorio de software de uso empresarial libre, gratuíto e legal.