Sixtema integrase en Agasol
Sixtema é a décimo séptima empresa que se integra na Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Trátase dunha compañía radicada en Santiago que dirixe as súas principais liñas de actividade ao asesoramento e desenvolvemento de novas ferramentas en informática e Sistemas de Información Xeográfica nos que integra, ademais, a súa capacidade para realizar simulacións e representacións en 3D de alta calidade. Sixtema está especializada ademais na realización de mapas de ruídos, teledetección, cursos de formación no uso de ferramentas XIS e aplicacións a medida.