Arquivos pola categoría 'Novas'

Agasol estaré presente no “I Fórum Software Livre de Angola”

Roberto Brenlla, xerente de Tegnix, representará a Agasol no “I Fórum Software Libre de Angola” que se celebrará en Luanda, capital do país africano, entre o 25 de xuño e o 1 de xullo. No evento participarán relatores chegados desde Brasil e Portugal e servirá para que Agasol expoña as súas experiencias no desenvolvemento e difusión de […]

Constitúese a Asociación de Empresas de Software Libre de Andalucía

A Asociación de Empresas de Software Libre de Andalucía “Anda Libre” ven de constituirse co pulo de 21 empresas do sector. Segundo especifican os seus estatutos, AndaLibre nace cos obxectivos de promocionar, defender e divulgar de forma xeral o uso prioritario de “a máis rompedora tecnoloxía do século XXI en informática, o Software Libre, especialmente […]

Tres empresas de Agasol participarán na xornada “2.0 A Nova Ágora Galega”

Wireless Galicia, Ilumax Software e Redegal participarán nunha das cinco áreas de discusión a partir das que se configura a xornada “2.0 A Nova Ágora Galega”, que organizada polas tres universidades galegas e Consellería de Innovación e Industria terá lugar na Escola de Informática de Ourense o próximo mércores día 14 de maio. A asistencia é gratuita, […]

Programa do itinerario sobre software libre no Día do Emprendedor

 O vindeiro 15 de Maio, Santiago de Compostela acollerá no Pazo de Congresos a celebración do III Día Galego do Emprendedor. Na nosa comunidade Igape e BIC Galicia impulsan este evento co obxectivo de promover e alimentar o espírito emprendedor e nesta edición afóndase no modelo de negocio do software libre, cun itinerario de ponencias no […]

Agasol promocionará o software libre no Día do Emprendedor

O software libre estará presente no III Día do Emprendedor o día 15 de maio no Pazo de Congresos de Santiago. O Igape, impulsor da xornada, dirixiuse a Agasol para que desde a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre se traballara no deseño dunha oferta de actividades para ese día. Trátase de dar contido […]

Proxecto para formar especialistas en Typo3

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) xestionará xunto a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria un proxecto piloto para formar traballadores de empresas de software galegas que desexen especializarse na ferramenta Typo3, aplicación libre que permite crear contidos para páxinas web dun […]

Entrevista en Expansión

O xornal de información económica Expansión publica hoxe unha entrevista con Javi Vázquez, en calidade de presidente da Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Nela repasase o perfil das empresas que compoñen a asociación e incídese no interese por consolidar grupos de traballo que axuden a que Agasol teña proxección a partir de colaboracións tanxibles.

Sixtema integrase en Agasol

Sixtema é a décimo séptima empresa que se integra na Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Trátase dunha compañía radicada en Santiago que dirixe as súas principais liñas de actividade ao asesoramento e desenvolvemento de novas ferramentas en informática e Sistemas de Información Xeográfica nos que integra, ademais, a súa capacidade para realizar simulacións […]

Agasol participará na creación dunha federación de empresas de software libre

Agasol axudará a darlle un pulo á nova federación nacional de empresas de software libre, da que anunciouse a súa creación no marco do X Congreso Anual de Hispalinux que vense de clausurar no serán de hoxe en Cáceres. O Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en fontes abertas (CENATIC) mostrou o seu apoio a esta iniciativa e en xeral á […]

Novas asociacións de empresas de software libre noutras comunidades

Nas últimas semáns e a partir do iniciativa das asociacións de empresas de software libre de Canarias, Cataluña e País Vasco, á que se engade Agasol, por crear unha federación de asociacións de empresas de software libre, dinamizouse o asociacionismo entre compañías de diversas comunidades. Así o próximo xoves día 13 terá lugar en Madrid unha primeira reunión que […]

2008 - AGASOL | Feito en Wordpress