Quen somos

Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

A asociación xorde nun momento de efervescencia no que moitas empresas galegas de pequeno e mediano tamaño principian a traballar con software libre. Queremos contribuír a que medren e se consoliden nun ámbito no que a Xunta de Galicia a través do seu Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información asume que é “irrenunciable a adopción por parte das administracións públicas de sistemas informáticos baseados en estándares abertos”.

Os comentarios non están permitidos .

2008 - AGASOL | Feito en Wordpress