Quen somos
Agasol é unha iniciativa de empresas galegas de software libre que se
agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de
negocio, exercer como interlocutores dun sector en fase expansiva en
Galicia e, ao tempo, promocionar un modelo de sociedade do coñecemento
no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos
e facer públicos e accesibles eses progresos.
A asociación xorde nun momento de efervescencia no que moitas empresas
galegas de pequeno e mediano tamaño principian a traballar con software
libre.
Traballamos en conxunto para xerar negocio a partir de solucións de
código aberto.
Para CONTACTAR con nós:
- Rúa Pombal 43, baixo esquerda 15705 Santiago de Compostela
- Telefonos:
Administración: 881 607 013
Xerencia: 881 107 368
Xerente: Luis Alberto Fernández
Móvil: 693 614 071
- Emails:
xerencia@agasol.org
administracion@agasol.org







